Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Traballo día 30 de abril

Imagen
Bos días a todos!!!Como estades? Espero que ben. Aquí tedes o traballo para hoxe! 5º Música:     Estas son as fichas para esta semana. Parece moito pero non o é....A partitura da frauta, vedes que ten catro pentagramas, distribuídos en dúas voces. Ides mirar soamente a primeira voz. Esta semana só o primeiro pentagrama. Para que vos sone un pouco, aquí vos deixo a canción: https://www.youtube.com/watch?v=g7czptgEvvU Escoitádea e que deixádevos levar! Para o envío de tarefas ou calquera dúbida, estou aquí: artisticapontedoporto@gmail.com 1º ciencias: Hoxe, podedes facer un debuxo dunha aldea (páxina 30, sociais). Acordádevos que podedes debuxar animais domésticos. Para o envío de tarefas ou calquera dúbida, estou aquí: artisticapontedoporto@gmail.com 1º música: Ben, hoxe podedes facer as seguintes fichas: - Nesta ficha hai que  debuxar  as notas no espazo. As que sea cheas, podédelas colorear con cera ou lapis negro. - Nesta outra, hai que pi

Día da danza

Imagen
Ola a tod@s!!!Hoxe, foi o día da danza. Déixovos un vídeo que percorre a danza durante as ultimas décadas. Xa me contaredes se vos gustou! Apertas! https://www.youtube.com/watch?v=gmNNBmIdAIM

Traballo día 29 de abril

Imagen
Bos días!!!Como estades?Espero que ben. Aquí vai o traballo para hoxe: 4º música:  Ben, hoxe déixovos un conto para que escoitedes, chámase "Pedro e o lobo". Tedes que velo e escoitalo con atención. Cada personaxe represéntase cun instrumento. Tedes que facer un debuxo no que aparezan as personaxes do conto e o instrumento que representa. Poñédelle o nome a personaxe e ao instrumento: https://www.youtube.com/watch?v=lcX8h5yfzPc&t=256s https://www.youtube.com/watch?v=bAfWiaPTDGU Tamén habería que facer unha ficha de repasar a clave de sol. Unha vez a repasedes con lapis, podedes repasalas por riba con ceras de cores. Aquí tedes outra partitura para praticar a nota si na frauta. Esta é máis fácil, só ten unha nota, así que con calma e despaciño. Envío de trarefas:  artisticapontedoporto@gmail.com 1º ciencias: Hoxe podedes facer un debuxo dunha vila mariñeira. Podedes debuxar o porto cos barcos, as casiñas baixas...como queirades. (Páxina 30 s

Traballo día 28 de abril

Imagen
Bos días a tod@s!!!Q tal vamos? Aquí vos deixo o traballo para hoxe: 6º E. Infantil Música: Aquí vos deixo unha canción moi bonita que podedes bailar e acompañar coas palmas: https://www.youtube.com/watch?v=fyyF-oQgm8k 6º Música: Deberedes facer as seguintes fichas: Para que coñezades un pouco máis do jazz, déixovos uns vídeos para que vexades como foi evolucionando co paso do tempo: Fixádevos ben como fan a súa improvisación!: W. C. Handy (comezos do s. XX):  https://www.youtube.com/watch?v=zrtil0s46-E Chuck Berry:  https://www.youtube.com/watch?v=6ROwVrF0Ceg Miles Davis:  https://www.youtube.com/watch?v=zqNTltOGh5c Charlie Parker:  https://www.youtube.com/watch?v=k7CHDscLREk Louis Armstrong:  https://www.youtube.com/watch?v=wyLjbMBpGDA Nerija:  https://www.youtube.com/watch?v=cPdjGnx4tDA A canción para practicar na frauta será a mesma ca da semana pasada. Para o envío de traballos.... artisticapontedoporto@gmail.com 2º Música:  Aquí vos deixo a

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Ola a tod@s!Déixovos aquí un vídeo que fixo un amigo meu xunto co seu fillo. O neno, Breogán, ten soamente 6 aniños, cumpliu 7 durante este confinamento. Breogán quixo facer este vídeo para dar ánimos a todos durante toda esta cuarentena. El foi o que fixo todos todos os debuxos e mais oque toca o ukelele. O seu pai, Santi, é quen toca a guitarra e o encargado de montar todo. Velaquí tedes o resultado: https://www.youtube.com/watch?v=BNFnJYWI4Bs Se queredes, podedes garvarvos un vídeo bailando a canción, facer un debuxo do que vos faga sentir esta versión; un debuxo de Santi (ten gafas e é alto), xunto con Breogán.... Eu fareillo chegar. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Por outra banda, tamén vos invito a que fagades debuxos musicais, debuxos que expresen o que queredes facer cando todo pase, debuxos do que vedes agora sobre o coronavirus, de todo o persoal que traballa sen descanso para que est

Traballo día 27 de abril

Imagen
Ola a todos!!!Son a profe Sabela. Como estades? Espero que ben. Bótasevos moito de menos!!!Ben, imos empezar a semana con enerxía, cada vez queda menos!!! Por favor, os traballos que sexan das miñas asignaturas, mandádemas a min porfavor, ou calquera pregunta que teñades, tamén me podedes escribir, que sempre contesto: artisticapontedoporto@gmail.com. Se mo mandades a min directamente é máis sinxelo para todos, contesto sempre e poido aclararvos calquera dubida que teñades.  Aquí vos deixo o traballo para hoxe: 1º ciencias: (Páxina 25 libro ciencias sociais). Hoxe podedes facer un dbuxo que teña tres tendas da vosa vila: Unha farmacia, unha librería e unha carnicería. Tedes que debuxar tamén a alguén comprando algún produto que se venda en cada unha desas tendas: medicamentos, un libro, papel de cores, revistas, medicamentos, filetes...Podedes poñerlle o nome da tenda, e o nome da persoa que estea mercando (ou saíndo dela). Para o envío dos debuxos, porfavor, mandádemos a: artistic

Traballo día 24-04-20

Bos días a tod@s!!! Rematamos unha semana máis, polo que queda unha semana menos para vernos!!!Como estades todos? Espero que ben. Aquí deixo o traballo para hoxe: 5º Educación Infantil Música: Aquí vos deixo unha canción para que bailedes en familia: https://www.youtube.com/watch?time_continue=30&v=CWokcHkxnpg&feature=emb_logo 1º Ciencias: Hoxe podedes facer un debuxo para recordar os sentidos  Imos repasar hoxe o sentido da vista e o oído (páxina 20-21 liro de naturais). Tedes que facer varios debuxos. Escribides na libreta o "sentido da vista" (ou vista solamente). Debaixo,  debuxades a vosa cara ou a de quen queirades: a profe Teresa, Bibi, Pablo...e terá que ter os ollos ben abertos, xa que o sentido da vista percibímolo a través dos ollos. Imos facer o mesmo co sentido do oído. Escribides na libreta "o sentido do oído" (ou oído solamente). Facedes o mesmo que arriba, debuxades a vosa cara ou a de quen queirades e sinaládelles as orellas cunh

Día do libro...con música

Imagen
Ola!!!Para celebrar o día do libro, aquí vos deixo un dos meus contos favoritos: "Cocorico" Leva unha canción que podedes cantar e bailar en familia!!! https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM Outro contiño, que con algúns xa cantamos na clase hai tempo: https://www.youtube.com/watch?v=EfUEd0xTlhA Outro máis....: https://www.youtube.com/watch?v=oHCnR04a0KU E tamén vos deixo outro conto que me recomendou un neno e que me encantou!: https://www.youtube.com/watch?v=ktLO8ZmWTCk

Traballo día 23-04-20

Imagen
Bos días a to@s! Que tal? Son Sabela e aquí vos deixo o traballo para hoxe!. Para envío de tarefas, calquera consulta ou dúbidas, escribídeme a: artisticapontedoporto@gmail.com Unha aperta para tod@s!!! 5º Música: -Debedes facer as fichas que marco a continuación. Creo que están desordenadas as que tedes (síntoo). Podedes sacarlles unha foto e mandarma por correo electrónico :) - Practicade coa frauta un pouquiño. Repasade todas as notas. Para a semana xa poño unha canción para tocar. - Podedes bailar a muiñeira, que algo xa vimos na clase. Déixovos un vídeo no que explican moi ben os pasos:  https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=G7uPv8vL1rA&feature=emb_logo Agora podedes bailala en familia! Envío de dúbidas ou traballo feito a:  artisticapontedoporto@gmail.com 1º ciencias:   Hoxe propóñovos repasar o noso corpo. Facede un debuxo voso ou dunha persoa que queirades (poñédelle o nome de quen é esa persoa). Ao lado, debuxádelle o seu esquelete. Pode

Canción co voso nome

Imagen
Ola a tod@s! Queredes unha canción co voso nome? Pois tédela!!!Hai un problemiña, e é que os nomes en galego non os acepta...por iso a min me po Isabella en lugar de Sabela...Esta é a que busquei eu: https://www.youtube.com/watch?v=q-VH-kAn6dw Solamente hai que abrir a páxina de Youtube. No buscador do propio youtube, poñedes "tina y tin + (nome). Dádelle a buscar e xa vos aparece a vosa canción!!!! Podédeslla poñer na casa aos vosos familiares e así dádeslles unha sorpresa!!! Unha aperta grande para tod@s!: A profe Sabela

Cadros reais

Ola!!! Propóñovos algo para facer en familia. Veredes, existen cadros de pintores ou graffitis populares que podemos recrear nós con cousas que temos na casa. Solamente necesitades observar que leva a imaxe, e con que o podedes facer vós. Aquí vos deixo o link para que vexades: https://www.nosdiario.gal/album/cultura/museo-vivo-da-semente/20200415180925095322.html Se queredes que colgue as fotos no blogue, podédesmas mandar a: artisticapontedoporto@gmail.com Unha aperta: Sabela

Libros e música

Esta semana conmemórase o día do libro. Sabedes que hai moitos contos ou libros que teñen música...Coñecedes algunha? Anímovos a que comentedes se coñecedes algún libro que teña algunha música en particular! Aquí vos deixo o conto de "Garbancito" para que o escoitedes: https://www.youtube.com/watch?v=_tmVN967gJc E aquí vos deixo a canción para que a cantedes en famlia!: https://www.youtube.com/watch?v=ZJDiVEOOt8E Unha aperta: Sabela

Día 22 de abril

Imagen
Ola a tod@!!!Que tal estades??Empezamos! Música 4º- Hai que ler e facer a ficha que pon "velocidade ou tempo" e "A liña divisoria". Lédelas con calma e facedes os exercicios. Despois, practicades un pouco sopro como fixemos na clase e colledes a frauta. Deberedes ir mirando a partitura de Si . Colocade a man esquerda arriba e a dereita abaixo. Recordade levantar ben os dedos e soprar despaciño. Ide pouco a pouco, de dous en dous compases. Para poñerlle un pouco de movemento ao corpo, invítovos a ver este vídeo cos pasos da muiñeira. Podedes practicala na casa coa familia: https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=G7uPv8vL1rA&feature=emb_logo Calquera cousiña que necesitedes preguntarme, mandarme a foto das fichas feitas ou calquera aclaración, mandádeme un email a: artisticapontedoporto@gmail.com e xa vos contesto. Aquí vos deixo a imaxe das fichas. Ánimo!!!                     Ciencias 1º: Hoxe podedes facer dous debuxos: un no que estead

Traballo día 21 de abril

Imagen
Bos días a tod@s!!!! Que tal? Son Sabela, a profe. Aquí vos deixo o traballo: 6º Educación Infantil: Aquí vos deixo un vídeo dunha canción que podedes bailar e cantar en familia. https://www.youtube.com/watch?time_continue=30&v=CWokcHkxnpg&feature=emb_logo Música 6º:  -Hai que ler e facer a ficha "grafía musical: Figuras", e "grafía musical: Silencios". Tedes que poñer as equivalencias das figuras e dos silencios.                                 -Na libreta, hai que escribir dous ritmos diferentes en compás de 3/4. Cada ritmo debe constar de 4 compases. Unha vez feito isto, interpretádelo coas palmas.Un exemplo sería este que poño abaixo. Se queredes, podedes gravarvos unha nota de voz e mandarma por correo electrónico a: artisticapontedoporto@gmail.com.  - Hai que tocar a partitura "expresión musical unidade 5) coa frauta. Vai ser para varias semanas, non vos preocupades. Ide con calma, pouco a pouco, de dous en dous compases.

Música para bailar en familia!

Imagen
Aquí vos deixo algunha canción para que bailedes en familia!!!!Xa queda menos!!! Quédate en casa! https://www.youtube.com/watch?v=MCwYOsOCUgg Dance Monkey: https://www.youtube.com/watch?v=rNb53djljkw Quiero ser como tú: https://www.youtube.com/watch?v=f5jvfv42Xqw Glu glu glu: https://www.youtube.com/watch?v=hhWQJis1ep8

Traballo día 20 de abril de 2020

Imagen
Bos días a tod@s!!!Son Sabela. Q tal estades? Aquí vos deixo o traballo para o día de hoxe: Ciencias 1º: Ides construír un papaventos (pero durante varios ratiños, durante toda a semana, non só hoxe) Tedes o guión de como facelo na páxina 49 do libro de Ciencias Sociais. En canto o fagades e podamos saír, xa o podedes probar, así vedes coma o move o vento! Tamén debedes facer un debuxo da vosa familia na libreta ou nun folio, onde prefirades! Cando teñades todo ao final da semana, podédesme mandar as fotos con todo o realizado a: artisticapontedoporto@gmail.com. Art & Craft 2º e 3º: Ides realizar un pencil holder (portalápises) co cartón dun rolo de papel hixiénico. Mandei as fotocopias de como había que facelo mais as plantillas dos elementos: 1- Hai que pintar (paint) o rolo. Se non tedes témpera para pintalo, podedes pintalo con rotulador. 2- Despois teredes que recortar os ollos (eyes), pintarlles a pupila e pegarllos ao rolo. Tamén lle podedes pintar a boca (mouth) e