Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Ola a tod@s!Déixovos aquí un vídeo que fixo un amigo meu xunto co seu fillo. O neno, Breogán, ten soamente 6 aniños, cumpliu 7 durante este confinamento. Breogán quixo facer este vídeo para dar ánimos a todos durante toda esta cuarentena. El foi o que fixo todos todos os debuxos e mais oque toca o ukelele. O seu pai, Santi, é quen toca a guitarra e o encargado de montar todo. Velaquí tedes o resultado:
https://www.youtube.com/watch?v=BNFnJYWI4Bs

Se queredes, podedes garvarvos un vídeo bailando a canción, facer un debuxo do que vos faga sentir esta versión; un debuxo de Santi (ten gafas e é alto), xunto con Breogán.... Eu fareillo chegar.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda, tamén vos invito a que fagades debuxos musicais, debuxos que expresen o que queredes facer cando todo pase, debuxos do que vedes agora sobre o coronavirus, de todo o persoal que traballa sen descanso para que esteamos todos ben: médicos, limpadores, camioneiros, repoñedores, persoal de supermercado, de limpeza, policía local, garda civil, protección civil... Botade a voar a vosa imaxinación!!!!!

Espero os vosos correos!!!
artisticapontedoporto@gmail.com

Unha aperta para todos!!!: Sabela

Comentarios

Entradas populares de este blog

5º e 6º curso_Música_Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Traballo día 15 de maio

1º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril