Traballo día 27 de abril
Ola a todos!!!Son a profe Sabela. Como estades? Espero que ben. Bótasevos moito de menos!!!Ben, imos empezar a semana con enerxía, cada vez queda menos!!! Por favor, os traballos que sexan das miñas asignaturas, mandádemas a min porfavor, ou calquera pregunta que teñades, tamén me podedes escribir, que sempre contesto: artisticapontedoporto@gmail.com. Se mo mandades a min directamente é máis sinxelo para todos, contesto sempre e poido aclararvos calquera dubida que teñades.
Aquí vos deixo o traballo para hoxe:
1º ciencias:
(Páxina 25 libro ciencias sociais). Hoxe podedes facer un dbuxo que teña tres tendas da vosa vila: Unha farmacia, unha librería e unha carnicería. Tedes que debuxar tamén a alguén comprando algún produto que se venda en cada unha desas tendas: medicamentos, un libro, papel de cores, revistas, medicamentos, filetes...Podedes poñerlle o nome da tenda, e o nome da persoa que estea mercando (ou saíndo dela). Para o envío dos debuxos, porfavor, mandádemos a: artisticapontedoporto@gmail.com
3º Art & Craft:
Hello!!How are you?
Debedes facer o collage de peixes (fishes aquarium).
Colledes o bloc e esta ficha:
Cada círculo (circle) haino que repetir tantas veces como pon abaixo de cada un. Para isto, tedes que recortar o primeiro círculo (con coidadiño). Colledes un folio en blanco, poñedes o círculo recortado encima e copiádelo tantas veces como manda ( 4 veces) co lapis. E así co resto dos círculos. Unha vez teñades todos (coidadiño con non perdelos), hai que colorealos con ceras ou lapises de cores, tanto por diante coma por detrás. A continuación recortádelos.
Despois, teredes que dobralos con coidadiño (carefully) á metade. Cada peixe, ten dous círculos dobrados á metade no corpo. As aletas serían un, e na cola dous. Teredes que buscar os tamaños e ilos poñendo ata ter dous peixes grandes e tres pequenos. Simplemente tedes que observar ben o debuxo e ir poñendo o tamaño axeitado. Pegádelos por unha metade con pegamento de barra, deixando a outra metade solta.
As prantas e as burbullas podedes debuxarllas. Para rematar, podedes pintar o folio de cor azul coa cera tumbada para darlle fondo. Coidadiño cos peixes non se vaian estropear!!!
Se tes algunha pregunta, podes escribirme (If you have any cuestions, you can write me)
Para o envío de tarefas realizadas, mandádeme unha foto a:
artisticapontedoporto@gmail.com
2º Art & Craft:
Hello!!!How are you????
Ben, hoxe, ides facer o collage da xoaniña (ladybird).
É moi sinxelo. Tedes que coller esta fotocopia:
Ides coloreando con ceras (crayons) ou lapises de cor encarnado (red), ou negro (black) a ficha en branco. Ides seguindo o modelo da xoaniña. Despois tedes que recortar os elementos pouco a pouco (Be careful!!!) Ide mirando cal é a figura do corpo: recortádelo e pegádela no bloc. E así co resto de elementos. As antenas poóeslla debuxar. No bloc, deberá aparecer a data de hoxe en inglés: Monday, 27 th of April, 2020. Tamén podédeslle facer debuxos da natureza ao redor da xoaniña (ladybird), coma árbores, flores, o sol....o que se vos ocorra.
Calquera dúbida e envío de fotografías dos traballos dos nen@s, escribídeme a:
artisticapontedoporto@gmail.com
Unha aperta para tod@s!!!!
A profe Sabela

Comentarios
Publicar un comentario