Traballo día 21 de abril
Bos días a tod@s!!!! Que tal? Son Sabela, a profe. Aquí vos deixo o traballo:
6º Educación Infantil: Aquí vos deixo un vídeo dunha canción que podedes bailar e cantar en familia.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=30&v=CWokcHkxnpg&feature=emb_logo
Música 6º:
-Hai que ler e facer a ficha "grafía musical: Figuras", e "grafía musical: Silencios". Tedes que poñer as equivalencias das figuras e dos silencios.
-Na libreta, hai que escribir dous ritmos diferentes en compás de 3/4. Cada ritmo debe constar de 4 compases. Unha vez feito isto, interpretádelo coas palmas.Un exemplo sería este que poño abaixo. Se queredes, podedes gravarvos unha nota de voz e mandarma por correo electrónico a:
artisticapontedoporto@gmail.com.
- Hai que tocar a partitura "expresión musical unidade 5) coa frauta. Vai ser para varias semanas, non vos preocupades. Ide con calma, pouco a pouco, de dous en dous compases. Se tedes un trociño xa practicado e queredes, podedes mandarme unha nota de voz por correo electrónico a: artisticapontedoporto@gmail.com
6º Educación Infantil: Aquí vos deixo un vídeo dunha canción que podedes bailar e cantar en familia.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=30&v=CWokcHkxnpg&feature=emb_logo
Música 6º:
-Hai que ler e facer a ficha "grafía musical: Figuras", e "grafía musical: Silencios". Tedes que poñer as equivalencias das figuras e dos silencios.
-Na libreta, hai que escribir dous ritmos diferentes en compás de 3/4. Cada ritmo debe constar de 4 compases. Unha vez feito isto, interpretádelo coas palmas.Un exemplo sería este que poño abaixo. Se queredes, podedes gravarvos unha nota de voz e mandarma por correo electrónico a:
artisticapontedoporto@gmail.com.
- Para bailar: Podedes practicar a muiñeira, aquí vos deixo un vídeo para que practiquedes:
Música 2º:
- Debedes facer as fichas:
--"Tema 8": repasar clave de sol, e por detrás as figuras que están escritas de maneira correcta.
-- "Tema 7": Repasar as figuras e as súas partes. Recordade que a cabeza das notas sempre a coloreamos de negro (ou lapis). Por detrás teredes que unir a ver que instrumentos van coller eses nenos/as. Repasades, unides e coloreades.
-Colledes a frauta e praticades a posición tal e como falaramos na clase: corpo erguido, dereito, sen encorvarse. Poñemos a man esquerda arriba da frauta, co dedo polgar no furado de atrás e o dedo índice no primeiro furado, así temos a nota si:
Recordade soprar despacio, botando o aire pouco a pouco como se dixésemos "du". Recordade o que miramos na clase. Teredes que facer soprando: ta-a; ta-a; ta-a; ta-a. (4 veces). Podédelo repetir as veces que queirades, pero acordádevos de descansar!.
- Para bailar, unha muiñeira. Este rapaz explícao ben. Mirade o vídeo se vos apetece:
Podedes mandarme unha foto coas fichas feitas ou se queredes gravarvos un vídeo bailando en familia a: artisticapontedoporto@gmail.com
Ciencias 1º:
- Na libreta (ou se queredes nun folio), deberedes facer un debuxo dobre: Primeiro debuxades como é a vosa casa por fóra. Ao lado, debuxades a vosa habitación. Recordade debuxar todo o que hai nela e onde está colocado: cama, lámpada, armario, mesa, cadeira, ventá, alfombra... Podedes poñerlle o nome a cada cousa. Tamén vos podedes debuxar a vós se queredes. Se non queredes facer o debuxo todo xunto, podedes tamén debuxar nunha folla a vosa casa, e por outro a vosa habitación.
Recordade que me podedes mandar as fotos por mail a: artisticapontedoporto@gmail.com. Teño o correo desviado ao móvil, así que non tardo moito en contestarvos.
A profe: Sabela P. R.
Comentarios
Publicar un comentario