Día 22 de abril

Ola a tod@!!!Que tal estades??Empezamos!
Música 4º- Hai que ler e facer a ficha que pon "velocidade ou tempo" e "A liña divisoria". Lédelas con calma e facedes os exercicios. Despois, practicades un pouco sopro como fixemos na clase e colledes a frauta. Deberedes ir mirando a partitura de Si . Colocade a man esquerda arriba e a dereita abaixo. Recordade levantar ben os dedos e soprar despaciño. Ide pouco a pouco, de dous en dous compases.
Para poñerlle un pouco de movemento ao corpo, invítovos a ver este vídeo cos pasos da muiñeira. Podedes practicala na casa coa familia:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=G7uPv8vL1rA&feature=emb_logo
Calquera cousiña que necesitedes preguntarme, mandarme a foto das fichas feitas ou calquera aclaración, mandádeme un email a: artisticapontedoporto@gmail.com e xa vos contesto. Aquí vos deixo a imaxe das fichas. Ánimo!!!
                   

Ciencias 1º: Hoxe podedes facer dous debuxos: un no que esteades vós cos vosos amigos. No debuxo ten que estar chovendo, nevando ou facendo moito vento, así que a roupa ten que ser de abrigo. E no outro debuxo, tedes que estar na praia coa vosa familia, así que a roupa terá que ser de baño...Ánimo que o ides facer xenial! Podédesme mandar a foto cos traballos a: artisticapontedoporto@gmail.com

Art 6º:  Hello!!!How are you? I´m Sabela. This week, you have to make the collage of Van Gogh´s Sunflowers. It is very easy. The petals are simply the paper folded in half. Don´t worry if you don´t have colored papers. You can use white paper and paint it. Good luck!
Remember: you can send me the photos with the finished works to: artisticapontedoporto@gmail.com
If you have any question, you can send me an email to: artisticapontedoporto@gmail.com  I always answer!. See you!!!Bye!!!
                             
Art 1º: Hello!!!How are you? Ben, hoxe, xa que esta semana celebramos o día do libro, ides facer un marcapáxinas (bookmark) Mandeivos a plantilla xunto co material. Solamente é un rectángulo que tedes que decorar como queirades. Podedes decoralo segundo o elemento que lle ides poñer arriba, coma no exemplo. Despois, escolledes o elemento que lle queredes poñer na parte de arriba: paxaro (bird), sol (sun), flotador (float). Coloreádelo (vale con rotus, ceras, lápises...co que prefirades). Por último, este último elemento tédelo que pegar ao rectángulo!. You have a bookmark!!!!(xa tees un marcapáxinas!!!) O ideal é que lle poñades por detrás unha cartolina, para que sexa máis resistente...Pero se non tedes, non pasa nada, que cando volvamos ao cole, xa miramos como facer. 
Recordade que se queredes mandarme o resultado final do voso "bookmark", podedes mandarme unha foto ao correo: artisticapontedoporto@gmail.com
Unha aperta enorme!!!! Sabela




Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas