Traballo día 28 de abril
Bos días a tod@s!!!Q tal vamos? Aquí vos deixo o traballo para hoxe:
6º E. Infantil Música:
Aquí vos deixo unha canción moi bonita que podedes bailar e acompañar coas palmas:
https://www.youtube.com/watch?v=fyyF-oQgm8k
6º Música:
Deberedes facer as seguintes fichas:
6º E. Infantil Música:
Aquí vos deixo unha canción moi bonita que podedes bailar e acompañar coas palmas:
https://www.youtube.com/watch?v=fyyF-oQgm8k
6º Música:
Deberedes facer as seguintes fichas:
Para que coñezades un pouco máis do jazz, déixovos uns vídeos para que vexades como foi evolucionando co paso do tempo: Fixádevos ben como fan a súa improvisación!:
W. C. Handy (comezos do s. XX): https://www.youtube.com/watch?v=zrtil0s46-E
Chuck Berry: https://www.youtube.com/watch?v=6ROwVrF0Ceg
Miles Davis: https://www.youtube.com/watch?v=zqNTltOGh5c
Charlie Parker: https://www.youtube.com/watch?v=k7CHDscLREk
Louis Armstrong: https://www.youtube.com/watch?v=wyLjbMBpGDA
A canción para practicar na frauta será a mesma ca da semana pasada.
Para o envío de traballos....artisticapontedoporto@gmail.com
2º Música:
Aquí vos deixo as fichas que hai que facer hoxe:
Tedes que poñerlle unha sílaba do texto que marca a cada figura rítmica. Tedes que repasar as figuras rítmicas con lapis, e despois cunha cera dun color diferente para as negras, outro diferente para as corcheas e outro diferente para o silencio de negra. Despois, facédelo con palmas e dicides a letra. Non vos esquezades de responder á adiviña, xa que ben sei que vós sodes uns expertos en adiviñas!!!
A seguinte ficha é dos instrumentos de percusión que teñen membrana:
Solamente tedes que fixarvos nos instrumentos e escribirlle o nome debaixo. Algúns témolos na clase, recoñecedes algún?
Para rematar, imos pensar nun xardín. Seguro que algún de vós tedes a sorte de ter un xardinciño, pero para quen non o temos, escoitamos isto e imaxinámolo. Animádevos a bailar un pouquiño! Aquí vos deixo a peza! Despois de bailala, podedes facer un debuxo na libreta sobre a canción: os animais que aparecen, os instrumentos que escoitedes....
Non vos esquezades que para envío de traballos: artisticapontedoporto@gmail.com
1º ciencias:
Que tal estades? Hoxe, ides facer outros dous debuxos:
- O primeiro terá que ser dun medio de transporte individual. Debedes debuxar quen é o pasaxeiro e poñerlle o nome, tanto do transporte como da persoa que vai nel.
- O outro debuxo será dun medio de transporte colectivo. Tamén deberedes debuxar quenes son os pasaxeiros. Poñédelle tamén de que medio de transporte é e quen viaxe nel.
Unha aperta a tod@s! Sabela
Comentarios
Publicar un comentario