Traballo día 24-04-20

Bos días a tod@s!!!
Rematamos unha semana máis, polo que queda unha semana menos para vernos!!!Como estades todos? Espero que ben. Aquí deixo o traballo para hoxe:

5º Educación Infantil Música:
Aquí vos deixo unha canción para que bailedes en familia:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=30&v=CWokcHkxnpg&feature=emb_logo

1º Ciencias:
Hoxe podedes facer un debuxo para recordar os sentidos  Imos repasar hoxe o sentido da vista e o oído (páxina 20-21 liro de naturais). Tedes que facer varios debuxos. Escribides na libreta o "sentido da vista" (ou vista solamente). Debaixo,  debuxades a vosa cara ou a de quen queirades: a profe Teresa, Bibi, Pablo...e terá que ter os ollos ben abertos, xa que o sentido da vista percibímolo a través dos ollos.
Imos facer o mesmo co sentido do oído. Escribides na libreta "o sentido do oído" (ou oído solamente). Facedes o mesmo que arriba, debuxades a vosa cara ou a de quen queirades e sinaládelles as orellas cunha frecha.  Debaixo, escribides "son agradable", e pensades nalgo que soe bonito, que é agradable, e a continuación debuxádelo. Debaixo, escribides "son desagradable", e pensades nalgo que non nos guste escoitar coma o ruído dun coche e debuxádelo. Poñédelle o nome ao que estades debuxando.Seguro que van quedar moi bonitos!!!
Recordade que me podedes mandar unha foto cos traballos a: artisticapontedoporto@gmail.com. (Contéstovos sempre!)
Non fai falta que me mandedes todo todos os días. Podedes xuntar todo o traballo da semana e mandarme todo xunto.

3º Música:
Aquí vos deixo para que escoitedes o conto de Pedro y el Lobo.
https://www.youtube.com/watch?v=lcX8h5yfzPc&t=256s

Neste outro vídeo, tedes os instrumentos das personaxes por separado.
https://www.youtube.com/watch?v=bAfWiaPTDGU

O que tedes que facer é poñer na libreta o título desta composición "Pedro y el lobo". Tedes que debuxar os instrumentos musicais que aparecen e debuxar tamén a quen representan.  Por exemplo: debuxades un violín e ao lado debuxades a Pedro.

Isto facédeo con calma, primeiro hai que escoitar a historia e os instrumentos con atención. Este traballo daríanos para facelo en dúas clases...así que non vos apuredes!

Para calquera pregunta ou o que necesitedes, escribídeme a: artisticapontedoporto@gmail.com

Boa fin de semana para tod@s!!!Xa queda menos!!!Unha aperta.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas