Traballo día 23-04-20

Bos días a to@s! Que tal? Son Sabela e aquí vos deixo o traballo para hoxe!. Para envío de tarefas, calquera consulta ou dúbidas, escribídeme a: artisticapontedoporto@gmail.com
Unha aperta para tod@s!!!

5º Música:
-Debedes facer as fichas que marco a continuación. Creo que están desordenadas as que tedes (síntoo). Podedes sacarlles unha foto e mandarma por correo electrónico :)
- Practicade coa frauta un pouquiño. Repasade todas as notas. Para a semana xa poño unha canción para tocar.
- Podedes bailar a muiñeira, que algo xa vimos na clase. Déixovos un vídeo no que explican moi ben os pasos: 
Agora podedes bailala en familia!
Envío de dúbidas ou traballo feito a: artisticapontedoporto@gmail.com

1º ciencias: 
Hoxe propóñovos repasar o noso corpo. Facede un debuxo voso ou dunha persoa que queirades (poñédelle o nome de quen é esa persoa). Ao lado, debuxádelle o seu esquelete. Podedes repasar isto na páxina 18 do libro de naturais. A continuación, facedes o mesmo pero coas articulacións. Facedes un debuxo voso ou doutra persoa que queirades, e ao lado, o seu corpo coas articulacións poñéndolle o nome: cóbado, pulso, xeonllo, nocello e pescozo (páx. 19). 
Envío de dúbidas ou traballo feito a: artisticapontedoporto@gmail.com

1º Música:
Nas fotocopias que vos mandei, soamente tedes que facer unhas de repasar o silencio de negra, e a clave de sol.

 E outra para repasar o son dos animais. Nesta última, unha vez que repasedes, tedes que facer o ritmo coas palmas. Despois facédelo coas palmas e dicindo o son do animal. Por último, marcades que ritmo fai cada animal. 

Agora toca bailar!!!Déixovos este vídeo para que bailedes "A saia da carolina". Podedes animar aos vosos pais/nais/avós/avoa/tío/tía/irmáns...Todos a bailar!!!

Envío de traballo feito ou calquera dúbida a: artisticapontedoporto@gmail.com

4º Educación Infantil Música:
Ola chicos!!!Aquí vos deixo unha canción para que bailedes un pouquiño coa familia!!!Animádevos que é moi fácil e divertida!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas