Traballo día 12 de maio
Bos días a tod@s!!!!Aquí vos deixo o traballo para hoxe:
6º Educación Infantil:
Xa que chegou a primavera, déixovos unha canción sobre a primavera para que cantedes e bailedes:
https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8
6º Música:
Hoxe imos practicar a percusión corporal. Primeiro, hai que escoitar a canción e observar ben como fai a rapaza na imaxe do medio. Hai unha parte de estribillo e outra de estrofa, que se repite. É moi sinxelo. Prestade atención e a prácticar!!!!
Neste outro vídeo, aparecen persoas facendo música co que chamamos "uso cotiá"; é dicir, cousas que usamos todos os días e que serven para facer música. Neste caso, fan música con verduras:
- A lámina interactiva "as paisaxes de chaira"
Na pestana da esquerda camiade para : actividades:
- "Elementos da paisaxe"
- "Paisaxes de montaña".
Envío de tarefas ou calquera dúbida: artisticapontedoporto@gmail.com

Hai que intentar
buscar algo que teñamos pola casa que nos sirva para facer música. Pedide
axudiña e podédelo facer entre dous ou máis. O ideal sería que unha persoa
fixese un ritmo igual e continuo, e a outra persoa improvisa. Hai que deixar
voar a imaxinación: utensilios de cociña, palmas sobre a mesa amodo, un bote
baleiro de tomate golpeando, tanto coa palma da man coma cunha culler...
Envío de tarefas ou calquera dúbida: artisticapontedoporto@gmail.com
2º Música:
Hoxe ides escoitar e bailar esta canción:
Unha vez escoitada e bailada, tedes que imaxinarvos como é Baldomero e facer un debuxo na libreta. (Douvos unha pista: é un peixe)
Despois, podedes facer estas fichas:
Na ficha de unir o nome da nota coa súa altura, podédela unir coa cera da cor do seu nome.
Envío de tarefas ou calquera dúbida: artisticapontedoporto@gmail.com
1º ciencias:
Hose podedes facer as páxinas 54 e 55 do libro de sociais. Podedes facer un debuxo dunha paisaxe de interior. Podedes poñerlle os nomes: se debuxades unha montaña, poñerlle o nome ao cumio e a ladeira; se debuxades unha serra e un val, poñer cal é a serra e o val; ou se debuxadesun campo de cultivo, e unha chaira (poñerlle o nome).
Recordade:
- O cumio é a parte máis alta da montaña.
- A ladeira é a parte inclinada da montaña.
- Unha serra é un conxunto de montañas que están unidas.
- O val é un terreo plano entre as montañas.
- Un campo de cultivo é un terreo que se traballa para obter alimentos ou outros produtos (millo, patacas, leitugas...)
- Unha chaira é un terreo que é plano; que non ten montañas.
Podedes ver no ordenador, no tema 4. Na pestana da esquerda que pon: recursos:
- Ver "Tipos de paisaxes" e "paisaxes do mundo"
- A lámina interactiva "as paisaxes de montaña"
-Actividade interactiva "paisaxes de montaña"- A lámina interactiva "as paisaxes de chaira"
Na pestana da esquerda camiade para : actividades:
- "Elementos da paisaxe"
- "Paisaxes de montaña".
Envío de tarefas ou calquera dúbida: artisticapontedoporto@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario