Traballo día 8 de maio

Bos días a tod@s!!!Deixo o traballo para hoxe:

5º Educación Infantil (4 anos): 
Ola chicos!!!Hoxe viaxamos ata África, e aquí vos deixo unha canción moi chula para bailar e cantar. Unha aperta grande!
https://www.youtube.com/watch?v=IJ7-ZCXbtMs

1º ciencias:
Hoxe podedes construír un esquelete (libro naturais, páx.42). É moi fácil, necesitaredes tesoiras, pegamento, bastonetes e cartolina. Teredes que debuxar a cabexa do esquelete (podedes pedir axuda aos maiores), recortala e pegala. Despois colledes os bastonetes e ídelos poñendo ata construír o esquelete. Podedes experimentar e ver como se moverían se estades correndo, saltando, collendo algo dunha estantería....Por último, teredes que pegalos como queirades!!!!. Teredes que poñerlle un nome ao voso esquelete. Unha aperta!!!

Envío de tarefas ou consultas: artisticapontedoporto@gmail.com

3º música:
Bos días!!! Hoxe podedes seguir facendo os debuxos dos instrumentos da peza do outro día "Pedro y el lobo".
Déixovos unha canción para que bailedes con percusión corporal, titulada "Si Ma Ma Ka": https://www.youtube.com/watch?v=o8Nxcp8maYo
Podedes seguir a coreografía tal e como fan no vídeo.

Podedes practicar tamén ritmo mediante estes vídeos. Aparecen varios instrumentos para acompañer e o ritmo que ten que facer cada un. Como non temos os instrumetos, o acompañamento podédelo facer coas palmas:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=19&v=hIdp_Nj0tgk&feature=emb_logo

Por último, as fichas para esta semana son estas:

 Envío de tarefas ou consultas: artisticapontedoporto@gmail.com

Unha aperta para tod@s e a musiquear moito!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas