Traballo día 7 de maio

Bos días!!!Deixo o traballo para hoxe:
5º música:
Déixovos unha canción para que cantedes e practiquedes con percusión corporal. Aparece a mesma rapaza facendo 3 ritmo diferentes, teredes que seguir o ritmo que fai na imaxe do centro:
https://www.youtube.com/watch?v=6Wt-J3AiLag
E moi fácil. A letra parece difícil, pero non o é. Repítese sempre o mesmo!!!
Cando xa teñades isto máis que practicado, podedes facer as seguintes fichas, que falan dos signos de prolongación. Desta volta, sobre o punto e a ligadura. Como o seu propio nome di: prolongan o son, alóngano:
         

Podedes seguir practicando a mesma canción na frauta que a semana pasada.
Xa sabedes que para calquera dúbida, envío de tarefas ou o que necesitedes, estou aquí:
artisticapontedoporto@gmail.com

1º ciencias: 
Hoxe, teredes que facer un debuxo que exprese unha emoción que queirades. Podedes debuxalo na libreta ou no bloc de debuxo, onde prefirades. Teredes que debuxarvos a vós mesmos ou a outra persoa na que se vexa que sente esa emoción. (Páx. 41)
artisticapontedoporto@gmail.com

1º música:
Ben, aquí vos deixo un piano moi chulo que podredes tocar sen medo. É bastante parecido aos de verdade!!!:https://virtualpiano.net/

Aquí vos deixo unha canción moi moi chula africana para cantar:
https://www.youtube.com/watch?v=wIeM4PM7aZw
E neste outro enlace aparecen uns nenos bailándoa, así que podedes facer igual ca eles se queredes:
https://www.youtube.com/watch?v=TLeBxC4u__4

artisticapontedoporto@gmail.com

4º Educación Infantil (3 anos):
Ola chicos!!!!! Hoxe viaxamos ata África, e déixovos unha canción moi chula para bailar! Unha aperta:
https://www.youtube.com/watch?v=IJ7-ZCXbtMs

Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas