Traballo día 18 de maio

Bos días a tod@s! Aquí deixo o traballo para hoxe:
1º ciencias:
Páxina 63

3º Art: 
How are you? Hoxe, ides facer o "raibow craft", un colgador dunha nube co arco da vella. Para iso necesitaredes:
- Un rolo baleiro de papel hixiénico.
- Folios brancos e de cores.
- Un rotulador.
- Pegamento en barra.
- Unha corda ou fío.
- Tesoiras.

-Teredes que recortar (cut) as cintas de diferentes cores (se non tedes folios de cores, podedes colorealas con rotus.
- Logo, pegádesllas ao rolo de papel hixiénico por un extremo.
- A continuación (next), debedes de debuxar unha nube (cloud) nunha cartolina ou papel branco (podedes debuxarlle a cara como queirades) Tamén teredes que debuxar unha tira algo máis longa ca o rolo de papel para debuxarlle as mans.
- Recortades (cut) todo.
- Tedes que poñer un pouco de pegamento no medio do papel que fai das mans e metelo por dentro do tubo e fixalo.
- Tamén poñemos pegamento ao centro da nube para pegala ao rolo.
- Nos extremos dos papeis de cores que fan de arco da vella (rainbow), podedes enroscalo un pouco para que quede máis "xeitoso".
- Por último, poñédeslle unha corda ou un fío por dentro do rolo de papel para que podades colgalo dalgún sitio.

You have finish!!!!

Envío de tarefas ou dúbidas: artisticapontedoporto@gmail.com

2º Art: 
Hello!!!How are you?
Bueno, hoxe, teredes que facer outro debuxo libre coma a semana pasada, todo con figuras xeométricas (geometric figures). Pero se queredes, tamén podedes facer o mesmo "raibow craft" que está explicado para os nen@s de terceiro. It´s so easy!!!!

Envío de tarefas ou dúbidas: artisticapontedoporto@gmail.com


Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas