Traballo día 14 de maio

Bos días!!!! Aquí está o traballo para hoxe:
Música 5º:
Supoño que xa coñecedes o que é unha Banda Sonora. É o conxunto de músicas que ten unha película. Seguro que se escoitades algunha canción, sabedes de qué película é. Pois aquí vos deixo dúas cancións pertencentes á banda sonora de El Rey León. Podedes interpretalas corporalmente, bailalas e cantalas...:
https://www.youtube.com/watch?v=bfjZbvmZpvU

https://www.youtube.com/watch?v=LYdG2w8jbws

Sabedes algunha outra canción doutra banda sonora que sexa moi coñecida??? Seguro que si.

Para rematar, podedes facer a seguinte ficha que fala do caldeirón:









Tamén podedes escribir na libreta un ritmo. Deberá estar en compás de 2/4 (ou dous sobre negra, dous pulsos por cada compás). Deberá ter 6 compases e teredes que utilizar signos de prolongación (punto, caldeirón, ligadura...)

Envío de tarefas ou dúbidas: artisticapontedoporto@gmail.com

Ciencias 1º: 
Hoxe podedes ler e facer con tranquilidade as páxinas 58 e 59.

Música 1º:
Escoitar e bailar a seguinte canción:
https://www.youtube.com/watch?v=Ed8t7b1jKfU

Pensar como é Baldomero (é un peixe), e facer un debuxo xunto cos instrumentos que escoitedes.

4º Educación Infantil (3 anos):
Aquí a canción para bailar e cantar:
https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8







Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 9 de xuño

Para todos: Breogán- Himno da Alegría

Correo dúbidas