Atencion!!!Música, Art & Craft e Ciencias 1º

Hello everybody! 
Como estades? Espero que ben. Teño moitas ganas de vervos a tod@s, pero como de momento non pode ser, aquí vos explico un pouco o que imos facer:
A partir do luns imos comezar. Todos os días irei publicando a tarefa que vos propoño para facer de todas as asignaturas que imparto. Vouno facer seguindo o horario que temos. Isto é, se tiñades Música o xoves (por exemplo), será o xoves cando publique a entrada; se tiñades Art & Craft o luns, publicarei o luns. Os nen@s de primeiro, que tedes Ciencias todos os días, irei publicando todos os días o traballiño que hai que facer.

👀 Para calquera aclaración, dúbida, suxestión...o que necesitedes, podédesme mandar un correo a: artisticapontedoporto@gmail.com
👀 Os traballos de música e art & craft tamén lles podedes mandar unha foto e mandarma a: artisticapontedoporto@gmail.com
👀 Tamén me podedes mandar a foto coas fichas feitas do libro de ciencias. Se queredes, podedes esperar a mandarme todo xunto ao final da semana. Como prefirades e vos sexa máis cómodo:
artisticapontedoporto@gmail.com

Vémonos o luns!!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballo día 19 de maio

Traballo día 15 de maio

Traballo día 9 de xuño