3º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril
Hello!!!!!
Esta semana propóñovos facer un collage sobre a primavera (spring). Serán unhas flores (flowers). aquí vos deixo un exemplo:
Esta semana propóñovos facer un collage sobre a primavera (spring). Serán unhas flores (flowers). aquí vos deixo un exemplo:
Para isto necesitades:
- Bloc-cartolina (cardboard)
- Cola (glue)
- Unha cortiza (corcho de botella)
- Macarróns
- Limpa pipas.
- Témpera
Empezaremos por debuxar moi suave (drawing) con lápis (pencil) dous círculos (circles) que serán o centro das flores. Despois, teremos que pintar un extremo da cortiza con témpera da cor que queirades, e ir estampando pouco a pouco dentro do círculo. (Ben, se non tedes unha cortiza e a témpera, non pasa nada, xa que podedes facelo con puntiños pequenos de rotulador)
Unha vez seco, teredes que ir collendo macarróns ou lazos e botarlles cola para ir pegándoos na cartolina (cardboard) ao arredor do que pintastes anteriormente.
Por último, debedes facer o talo. Aquí eu collín limpapipas, que lles fixen forma e despois boteilles cola. Por último pegueinas. Se non tedes limpapipas non pasa nada, colledes uns rotus e debuxades os talos.
Come on e good luck!
Comentarios
Publicar un comentario