Traballo día 11 de maio
Ola a todos!!!Que tal estades? Espero que ben. Aquí vos deixo o traballo para hoxe:
1º ciencias:
Imos comezar co tema novo de sociais, páxina 51, que fala da paisaxe. Mirades ben a páxina 52 e ides numerando o que é cada cousa. Podedes tamén ver o libro interactivo das paisaxes do mundo, xa veredes que bonitas son. Xa vos achegarei uns vídeos. Na páxina 53, vedes como as persoas transformaron as paisaxes para vivir nelas. Teredes que ir poñendo por orde como foi cambiando a paisaxe ao longo do tempo.
Envío de tarefas: artisticapontedoporto@gmail.com
3º Art:
Hello!!!How are you??? Hoxe, ides facer a "sheep collage". Tedes a mostra nas fotocopias que mandei. Ides facelo no bloc de debuxo.
- Primeiro, tedes que coller a fotocopia da ovella (sheep). Se non vola mandei, non vos preocupedes porque é moi fácil debuxala. Mirades o exemplo da foto. Remember!Primeiro debuxade con lapis (pencil) e despois, repasádela con rotulador (texta).
-Despois, teredes que coller follas en branco (white paper), dobralas, e cortalas en tiras relativamente pequenas:

- A continuación, teredes que pegar SÓ unha cara do papel branco dentro da ovella coma no exemplo, terá que quedar unha parte solta:
- O resultado ten que ser máis ou menos así:
REMEMBER!!!
- Be carefull (te coidado), e facédeo amodiño, con calma!!!.
- Debedes escribir a data (date) de hoxe en inglés: Monday, 11 th May, 2020.
- Se queredes, podedes poñerlle nome á vosa "sheep".
- Envío de tarefas: artisticapontedoporto@gmail.com
2º Art:
Hello!!!How are you??? Hoxe ides colorear (colour) con ceras (crayons) a seguinte ficha:
Terédela que pegar no bloc de debuxo poñéndolle a data na parte de arriba: Monday, 11 th May, 2020.
Na seguinte páxina, teredes que facer a vosa propia paisaxe (landscape) con figuras xeométricas : triángulos (trinagles), cadrados (square), rectángulos (rectangles), cículos (circles)...Teredes que facer unha paisaxe diferente do exemplo. Botade a voar a vosa imaxinación!!!!
REMEMBER: Envío de tarefas: artisticapontedoporto@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario