Traballo día 20 de abril de 2020

Bos días a tod@s!!!Son Sabela. Q tal estades? Aquí vos deixo o traballo para o día de hoxe:
Ciencias 1º: Ides construír un papaventos (pero durante varios ratiños, durante toda a semana, non só hoxe) Tedes o guión de como facelo na páxina 49 do libro de Ciencias Sociais. En canto o fagades e podamos saír, xa o podedes probar, así vedes coma o move o vento!
Tamén debedes facer un debuxo da vosa familia na libreta ou nun folio, onde prefirades! Cando teñades todo ao final da semana, podédesme mandar as fotos con todo o realizado a: artisticapontedoporto@gmail.com.

Art & Craft 2º e 3º: Ides realizar un pencil holder (portalápises) co cartón dun rolo de papel hixiénico. Mandei as fotocopias de como había que facelo mais as plantillas dos elementos:
1- Hai que pintar (paint) o rolo. Se non tedes témpera para pintalo, podedes pintalo con rotulador.
2- Despois teredes que recortar os ollos (eyes), pintarlles a pupila e pegarllos ao rolo. Tamén lle podedes pintar a boca (mouth) e o nariz (nose) como queirades.

3- Hai que recortar os brazos (arms)e o rectángulo (que será o libro), doblalo á metade e pegarllo aos brazos.
4- Pegarlle todo isto último ao rolo.
5- O exemplo ten postas uns lentes, feitos con limpapipas. Se non tedes, non pasa nada, non llos poñades :)
6- Agora xa tedes un pencil holder para ter todos os colores ordenados!

REMEMBER!: Podedes sacarlle unha foto aos traballos e mandarmos por email a: artisticapontedoporto@gmail.com

Ánimo a tod@s

A profe: Sabela Pombo

Comentarios

Entradas populares de este blog

5º e 6º curso_Música_Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Traballo día 15 de maio

1º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril