Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Correo dúbidas

Bos días!!! Aquí vos deixo unha conta de correo electrónico por se me queredes escribirme ou preguntarme algo, mandarme foto dos vosos traballos, ou mesmo unha gravación de vós cantando, o que necesitedes: artisticapontedoporto@gmail.com Xa me tarda vervos a tod@s. Bótasevos de menos!!!

6º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Imagen
Hello everybody!!! How are you? This week, I propose you to do this craft. It is a well known painting by Van Gogh, titled chair. You will do it in 3D. Here you can see how to do it. Solamente tedes que pensar un pouco en como se fai.  Primeiro teredes que dobrar o folio en algo máis da metade, para saber onde tedes que debuxar os elementos. Despois teredes que debuxalos e colorealos. Por último, tedes que dobrar e recortar con moito coidado. Pensade ben primeiro!!!!! A parte de atrás da cadeira, non fai falta que a fagades, que é máis complicado.  Good luck!!!

3º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Imagen
Hello!!!!! Esta semana propóñovos facer un collage sobre a primavera (spring). Serán unhas flores (flowers). aquí vos deixo un exemplo: Para isto necesitades: - Bloc-cartolina (cardboard) - Cola (glue) - Unha cortiza (corcho de botella) - Macarróns  - Limpa pipas. - Témpera  Empezaremos por debuxar moi suave (drawing) con lápis (pencil) dous círculos (circles) que serán o centro das flores. Despois, teremos que pintar un extremo da cortiza con témpera da cor que queirades, e ir estampando pouco a pouco dentro do círculo. (Ben, se non tedes unha cortiza e a témpera, non pasa nada , xa que podedes facelo con puntiños pequenos de rotulador) Unha vez seco, teredes que ir collendo macarróns ou lazos e botarlles cola para ir pegándoos na cartolina (cardboard) ao arredor do que pintastes anteriormente.  Por último, debedes facer o talo. Aquí eu collín limpapipas, que lles fixen forma e despois boteilles cola. Por último pegueinas. Se non tedes limpapipas non pasa na

2º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Imagen
Hello!!!! Aquí vos deixo unha actividade que podedes facer. Como xa comezou a primavera (spring), imos facer esta decoración primaveral: Déixovos os elementos para que escollades, coloreedes (con rotus), recortádelos e despois pegades. O abano é moi sinxelo, simpemente colledes unha folla (de calquera cor), e ides dobrando pola esquina máis curta do papel, pouquiño a pouco, unha vez cara un sentido e a seguinte para o outro. Ao rematar, os dous extremos que quedan para arriba, pegádelos con pegamento un ao outro. Podedes pedir axuda na casa se non vos sae! Ánimo para tod@s que xa queda menos!

1º_Art & Crafts_ Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Imagen
Hello everybody!!! Aquí vos deixo un collage sobre un cohete (rocket). Primeiro hai que colorear con ceras os seguintes elementos: Small circle (círculo pequeno) Rectangle (rectángulo) Big triangle (triángulo grande) Square (cadrado) 2 small triangle (dous triángulos pequenos) 2 rocket smoke (o fume do cohete) O círculo grande (big circle), será a lúa (the moon). Podédeslle poñer un pouco de papel de aluminio e pegádelo con pegamento. Unha vez teñades todo coloreado, recortádelo e pegádelo. Now, you have a rocket!!!

5º e 6º curso_Música_Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Ola a todos!!!Q tal estades? Ben, esta semana propóñovos unha muiñeira para que bailedes coa familia. Neste vídeo, vén moi ben explicado. Botade unha ollada! https://www.youtube.com/watch?v=G7uPv8vL1rA Agora a practicar!!! Música! Muiñeira de Chantada:  https://www.youtube.com/watch?v=BoE7JoFNdTo Muiñeira de Lugo:  https://www.youtube.com/watch?v=BzZzcVYAbbE Déxovos tamén un vídeo onde Anxo Pintos, toca a zanfona, instrumento tamén popular galego. Escoitade e pensade como o clasificaríamos....: https://www.youtube.com/watch?v=KyMs4TcsXDI E aquí outro vídeo, desta vez de Roi Casal, cunha arpa un pouco peculiar...Pero tamén toca a zanfona? https://www.youtube.com/watch?v=aeDemUHUepc

4º curso_Música_semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Ola a tod@s, que tal todo? Aquí vos deixo varias actividades para recoñecer a altura das notas: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/04/a_bb04_03vf.html Tamén vos deixo isto para que coñezades os instrumentos de vento: https://view.genial.ly/5e80b3773fea8d0db0d1eb84/interactive-image-instrumentos-vento-metal https://view.genial.ly/5e80c47e3fea8d0db0d34615/interactive-image-imagen-interactiva

3º curso_Música_semana do 30 ao 3 de abril

Ola a tod@s!!!Q tal estades? Ben, esta semana propóñovos esta actividade para aprender varias notas musicais: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/04/a_bb04_02vf.html Tamén vos deixo esta outra actividade para que coñezades os instrumentos de vento madeira: https://view.genial.ly/5e80c47e3fea8d0db0d34615/interactive-image-imagen-interactiva  Calquera dúbida, escribide!!!!

2º curso: Música_Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Ola a tod@s! Que tal estades? Como o levades? Ben, aquí vos deixo algo de música para que coñezades os instrumentos: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/10/a_bb10_01vf.html Este outro xogo hai que clasificar os instrumentos segundo como se produce o son...Pensade ben! http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/10/a_bb10_02vf.html

1º curso: música_ semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Imagen
Ola a tod@s!!!!!! Que tal estades? Esta semana o traballo para música é o que vai a continuación: Aquí deixo un xogo inteactivo para practicar o ritmo: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/03/a_ba03_01vf.html Déixovos tamén que vexades como aos xoguetes tamén se lles pode poñer música. Aquí vai esta "Sinfonía de los juguetes", de Mozart. Escoitade con atención a ver que instrumentos aparecen e imaxinade que estades xogando mentres a escoitades cos olliños pechados...Xa me contaredes que instrumentos aparecen.... https://www.youtube.com/watch?v=zDeaqha7TW0&list=PLOtvr2bE9Xa5yvZESJrH7BGjg6uGTys8I

Semana do 23 ao 27 de marzo_ Art & Crafts

Imagen
Good morning!!! Aquí vos deixo algunhas manualidades que podedes facer esta semana: 1º curso:  Velaquí un robot! Só necesitas un rolo de papel hixiénico acabado (roller paper), rotus (texta) pegamento, tesoiras (scissors) e papel. Pode ser así ou deixade a voar a vosa imaxinación e facelo como queirades!!!! http://ukkonooa.blogspot.com/2015/09/robottiaskartelua-rainy-day-robot-craft.html Xa que estamos nestes días, tamén podedes pintar o arco da vella (rainbow) do que se fala estes días: 2º curso: Aquí tedes unha xirafa (giraffe) pra facer con pinzas da roupa e cartolina ou cartón. Podedes pintala con témpera ou con rotus. https://www.pinterest.es/pin/532480355916399719/ Tamén vos deixo o arco da vella (rainbow) para que coloreedes: 3º curso: Podedes facer unha flor (flower) con rolo de papel hixiénico. Podedes pintalo con témpera se tedes, e senon con rotus. Come on! https://bricolaje.nuevasmoda.com/flores-hechas-con-tubos-de-papel-higienico-reciclados-se-puede

Semana do 23 ao 27 de Marzo_Música

Empecemos a semana con ritmo!!!Aquí vos deixo algúns enlaces para practicar coa música. Empezamos! 1º curso: Nesta páxina tedes unha aplicación para crear a vosa música mediante liñas. Facedes un debuxo co rato, e despois podedes ver como soa!Sodes uns auténticos creadores musicais!   https://musiclab.chromeexperiments.com/Kandinsky/ 2º curso: Podedes practicar tamén a facer un debuxo e ver como soa:  https://musiclab.chromeexperiments.com/Kandinsky/ Tamén tedes esta outra aplicación pola cal podedes experimentar os sons graves e agudos e podedes facer que a vosa composición vaia máis rápido ou máis lento:  https://musiclab.chromeexperiments.com/Melody-Maker/ 3º curso:  Aquí tedes un exercicio para repasar as notas mi-sol-la. https://aprendomusica.com/const2/16aprendonotasnivel2/aprendonotasnivel2.html Un xogo para atrapar as notas. Empezade pouco a pouco: https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html 4º curso: Déxovos un xogo de atrapar as notas. Primeiro

Benvidos!!

Imagen
Bos días a tod@s!!!! Douvos a benvida ao caderno de bitácora da área de Educación Artística do cole! Desde aquí, irei poñendo actividades para Art & Craft e Música. Temos que pasar todos estes días de estar na casiña repasando e aprendendo dun xeito diferente, polo que hai que levalo o mellor posible! Se tedes algunha dúbida non dubidedes de comentar no blog e eu contestareivos o máis rápido posible. Imos alá!!!